Únete á II Andaina do Maúxo Contra o Cancro, que se celebra o vindeiro 16 de xuño, e camiña connosco na loita contra o cancro.
Estamos felices de colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro en Vigo patrocinando este evento solidario.
Participa nesta andaina familiar e deportiva, deseñada para todas as idades, e goza dun día xenial apoiando a unha nobre causa. Todo o recadado destinarase a financiar investigacións científicas que nos acheguen ao obxectivo de acadar o 70% de supervivencia en cancro para 2030.
Inscríbete hoxe mesmo!
· En persoa: achégate á sede da Asociación en Vigo (Ronda de Don Bosco, 41, oficina 5).
· Online: a través de Rock the Sport
Tarifas:
· Personas adultas + camiseta: 11,51€
· Nenos e nenas (4-16 anos) + camiseta: 6,38€
· Bebés (0-3 anos): Gratis
· Tamén podes contribuír cun dorsal solidario.
Detalles do evento:
· Data: 16/6/24
· Hora: 10:30 h
· Lugar: Montes de Coruxo, Vigo
Contamos contigo!