Haters&Lovers: Exposición Fotográfica

Haters&Lovers: Exposición Fotográfica

Na Planta 2, e ata o 15 de decembro, acollenos a exposición fotográfica Haters&Lovers da ACLAD Alborada, ONG viguesa que leva mais de 40 anos traballando pola saúde é o benestar social.

Esta mostra nace co propósito de sensibilizar e previr as distintas formas de violencia que poden afectar á mocidade.

Esta iniciativa forma parte do programa Haters&Lovers, subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade, creado para promover a detección temperá das violencias e impulsar a reflexión crítica entre nenos, nenas e adolescentes.

A exposición está composta por 12 roll-ups con fotografías sociais realizadas por mozos e mozas en obradoiros de prevención da violencia, desenvolvidos en colaboración con CyES – Comunicación y Educación Social (ongcyes.org). Cada imaxe vai acompañada de reflexións creadas polas persoas participantes, dando lugar a unha mostra honesta, directa e chea de significado.

Desde Gran Vía de Vigo apoiamos iniciativas que fomenten o bo trato, a igualdade e a convivencia positiva. Convidámosvos a visitar esta exposición, percorrer as súas imaxes e descubrir a mensaxe que a mocidade quixo compartir a través da fotografía.

Agardámoste!

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.